Congreso FEJAR en Vigo 2025
“Remando cara á rehabilitación”
25.º Congreso FEJAR 2025 – Vigo
3, 4 e 5 de outubro
Vigo converterase no punto de encontro para profesionais, expertos e persoas comprometidas na loita contra as adiccións e o xogo patolóxico. Durante tres días, o Congreso FEJAR acollerá conferencias, relatorios e testemuños, así como espazos de debate e actividades para compartir experiencias e avanzar xuntos cara á rehabilitación.
O evento contará coa participación de autoridades nacionais, autonómicas e locais, así como especialistas en saúde mental, investigadores e divulgadores que abordarán temas como a soidade, o crecemento persoal e os retos das novas adiccións.
Ademais das sesións de traballo, levaranse a cabo actividades sociais, excursións e a tradicional Cena de Gala, fomentando un espazo de convivencia e networking
Organizan: FEJAR e AGAJA
Colaboran: Ministerio de Sanidade, Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra e Concello de Vigo
#FEJAR2025 #Vigo #Adicciones #Rehabilitación #CongresoFEJAR #SaludMental